Parroquia de Vilaselán
Parroquia de Santa María de Vilaselán
A igrexa de Santa María de Vilaselán é ao mesmo un santuario adicado ao
misterio da Encarnación da Virxe que goza de gran devoción entre os fregueses de Ribadeo. O templo parroquial é un edificio do século XVIII, con nave rectangular e dúas sacristías. O edificio está reforzado con arcos faxóns e o retablo do altar maior é de estilo neoclásico. A igrexa conta tamén cun pórtico adosado ao muro dereito da nave. Cada terceiro domingo de mes celébrase a Eucaristía nesta parroquia ás 10 h.
Capela de San Miguel
Na Parroquia de Santa María de Vilaselán atópase tamén a Capela adicada a San Miguel. Trátase dunha pequea construcción de planta rectangular ubicada sobre o porto deportivo de Ribadeo. A capela conta cun pequeno pórtico armado sobre catro pilastras que o suxeitan e cunha sinxela espadana que alberga a campá.