top of page

Servicio da caridade

Caritas01.jpg
Cáritas Parroquial
 

Cáritas de Ribadeo coordina, orienta e promove a acción caritativa e social nas nosas parroquias. Para levar a cabo a súa tarefa conta con un pequeno grupo de voluntarios, que son o piar básico e insubstituíble da acción de Cáritas Parroquial. O grupo de Cáritas das nosas parroquias representa a toda a comunidade cristiá neste servicio da caridade que os crentes vivimos como unha esixencia do mesmo Evanxeo. Así traballamos pola xustiza.

PastoralSaude01.png
Pastoral da Saúde
 

Os cristiáns sabemos que os enfermos e tódolos que sufren ocupan un lugar moi especial no corazón de Deus. Por iso en moitas páxinas do evanxeo aparece Xesús cos enfermos e cóntanos como lles regalaba o seu perdón, os curaba e lles facía sentir a alegría da súa  salvación. Por iso as persoas que sufren deben ser importantes para cada comunidade cristiá. Conseguir isto é a misión esencial do grupo de Pastoral da Saúde da nosa parroquia.

MansUnidas01.png
Mans Unidas

 

Mans Unidas é a ONG da Igrexa Católica que loita contra a fame, a miseria, a enfermidade, o subdesenvolvemento, a falta de educación e mailas causas que provocan esta realidade. A súa visión fundaméntase no evanxeo e na Doutrina Social da Igrexa, que nos axudan a descubrir valores finais como a dignidade da persoa, o ben común, a solidariedade e mailo destino universal dos bens. Na nosa parroquia está empezando un grupo de Mans Unidas.

bottom of page