top of page

Parroquia de Santa María do Campo

Ribadeo01.png
A Vila de Ribadeo

O núcleo primitivo da Vila sitúase á beira do río, nas dársenas de Porcillán e Cabanela, para ir medrando despois cara arriba. Ribadeo chegou a ter muralla, da que inda se conservan algúns restos, e foi, con Mondoñedo e Viveiro, un dos tres fenómenos urbanos medievais da antiga provincia mindoniense, recibindo do rei Fernando III a Carta Puebla fundacional, que lle concedía o privilexio dun mercado semanal que inda hoxe se celebra.

Igrexa04.png
A Parroquia de Santa María do Campo
 

A Parroquia de Santa María do Campo abrangue a maior parte do núcleo urbano da Vila de Ribadeo. A igrexa parroquial formaba parte dun antigo convento franciscano. O templo, de estilo gótico, conta cunha sala capitular, un gran retablo barroco do século XVIII e unha torre campanario máis recente xa de estilo neogótico. Especialmente interesantes resultan as dúas portas góticas, aquela que dá o acceso principal ao templo e maila outra lateral.

Comunidade01.png
A nosa Comunidade Cristiá

 

A comunidade cristiá da nosa parroquia é unha comunidade viva e comprometida. Intentamos vivir a nosa fe con coherencia, pois é a nosa fe en Cristo Xesús a que nos une, a que nos convoca para celebrar a Eucaristía, a que nos axuda a vivir a fraternidade, a que nos impulsa a dar testemuño e, sobre todo, a que nos esixe comprometernos cos pobres e socorrer sempre aos nosos irmáns máis necesitados.

bottom of page