top of page

Parroquia de Cedofeita

Cedofeita01.png
Parroquia de Santa María Magdalena de Cedofeita
 

A Parroquia de Santa María Magdalena de Cedofeita aparece xa en documentos de principios do século XIII, nunha serie de acordos entre o rei Alfonso IX e mailo bispo Paio Cebeira. No século pasado, xuntamente con outras parroquias limítrofes formou o Concello de Cedofeita, independente de Ribadeo, inda que este periodo de independencia foi máis ben curto. Cada segundo sábado de mes celébrase a Eucaristía nesta parroquia ás 17 h.

bottom of page