Parroquia de Arante

Parroquia de San Pedro de Arante
A parroquia de San Pedro de Arante conta cunha fermosa igrexa do século XVIII. Trátase dun edificio de nave única con arcos de medio punto que sustentan unha bóveda de cañón. O templo, que foi reformado na primeira metade do século pasado, conta con tres retablos, dous deles barrocos, e dúas sacristías. Nesta Parroquia celébrase a Eucaristía cada primeiro sábado de mes ás 17 h.

Santuario de Nosa Señora das Virtudes
En pleno camiño de Santiago, no barrio de A Ponte, encontrámonos con unha orixinal construcción do século XV, o Santuario de Nosa Señora das Virtudes. O templo conta cun interesante conxunto de pinturas medievais que fueron descubertas noios años setenta. Cada mes de maio celébrase a festa das cruces conmemorando a victoria sobre os franceses.

Capela de Remourelle
Remourelle é outro dos lugares da parroquia de San Pedro de Arante, que conta con unha sinxela capela adicada a Santa María Magdalena e un cementerio propio, pois de entre tódolos lugares da parroquia é o que conta con unha maior poboación. Nesta Capela de Remourelle celébrase a Eucaristía cada terceiro sábado de mes ás 17 h.