top of page

Liturxia e Adoración

Liturxia01.png
Animación litúrxica
 

O grupo de animación litúrxica é un dos nosos grupos máis activos, posto que ten como tarefa axudarnos a celebrar mellor a nosa fe e favorecer a participación de todos. Por iso son importantes as personas que cada día preparan tódolos detalles necesarios para a celebración, os lectores, os músicos, os monagos e cada un dos ministerios que fan falla para a liturxia diaria e, moi especialmente, para a  eucaristía dominical.

Adoracion01.png
Adoración (ANE-ANFE)
 

A eucaristía é a fonte e mailo cume de toda a vida cristiá. Sempre dicimos que é a gran oración da Igrexa e por iso non pode faltarnos, porque a eucaristía é Cristo mesmo que se nos dá como alimento para andar o camiño da vida. Por iso na nosa parroquia contamos con grupos de adoración eucarística que se xuntan cada mes para orar e adorar. Os dous grupos de Adoración Nocturna, ANE e ANFE están abertos á participación de todos.

SemanaSanta01.png
Confraría de Semana Santa

 

Cada primavera, na Semana Santa, os cristiáns celebramos a Pascua. Trátase dun momento moi importante para a nosa vida de fe e por iso dicimos que é a semana máis importante de todo o ano. Ademáis, moita xente ven durante eses días e participan connosco nas celebracións. Na parroquia contamos

desde hai xa máis de vintecinco anos cun grupo grande de persoas que organizan as celebracións que temos na igrexa e cada unha das procesións que facemos polas rúas da nosa vila.

Oracion01.png
Apostolado da Oración
 

A través da oración os cristiáns mantemos unha constante relación de amizade con Deus. Facer oración é poñernos nas súas mans e confiarlle a nosa vida. Por iso non pode faltarnos nunca. O Apostolado da Oración é unha gran rede mundial de oración que nos axuda a facer nosos os gozos, as esperanzas, as angurias e as tristuras de todos, especialmente dos pobres e de cantos sufren, subliñando así a perspectiva misioneira da nosa fe.

bottom of page