Servicio da Comunión

Equipo de Sacerdotes
 

Os sacerdotes das nosas parroquias son os que figuran máis abaixo. Se necesita contactar con eles pode facelo a través da páxina de contacto.

  • D. Gonzalo Varela Alvariño

  • D. José Pascual Duque Ochoa

Consello de Pastoral
 

O Consello de Pastoral é un órgano da parroquia ao  servicio da comunión eclesial e da corresponsabilidade. O consello é representativo de todo o Pobo de Deus e por iso nel están integrados os sacerdotes, os relixiosos e mailos leigos que formamos esta unidade pastoral. O actual Consello tivo a súa reunión constitutiva, presidida polo bispo da diocese, no ano 2019, durante a celebración da Visita Pastoral.

Consello de Economía

 

O Consello de Asuntos Económicos é un organismo eclesial permanente, de carácter consultivo, ao servicio da comunidade parroquial, polo que un grupo de fieis presta a súa axuda ao párroco na administración dos bens da parroquia, asesorándoo en todo aquilo que aparece sinalado no dereito universal, nas disposicións de carácter diocesano e nos estatutos do propio Consello, onde se describen as funcións que lle son propias.

Grupo de Servicios
 

Chamamos así ao grupo de persoas encargadas da limpeza e da ornamentación do templo e dos demáis locais da parroquia, que se preocupan de ter a punto tódalas cousas necesarias para o correcto funcionamiento da vida comunitaria, así como abrir e pechar puntualmente, realizando deste xeito un importante servicio de acollida, que a miúdo pasa desapercibido para moitos e que sempre debemos agradecer.

© Unidade Pastoral de Ribadeo 2020