Catequese da Comunidade
Catequese de Nenos
A catequese de nenos comeza nas nosas parroquias a partir dos seis anos e durante tres vanse preparando, mediante diversas reunións grupais e maila participación na eucaristía dominical, para a celebración da primeira comunión. En toda esta tarefa catequética é moi importante o labor dos catequistas, pero también é indispensable o traballo das familias, pois a fe é algo que non pode ensinarse só teóricamente, senón que se ensina coa propia vida.
Catequese de Confirmación
Contamos tamén con varios grupos de nenos que se están preparando para celebrar o sacramento da confirmación. Este sacramento significa culminar o proceso de iniciación cristiá e, por iso, é o paso definitivo para o compromiso cristián na Igrexa e no mundo. Nas nosas parroquias existe a posibilidade de vivir este proceso de formación inmediatamente despois da primeira comunión ou máis tarde, sendo xa adultos.
Grupo de Catequistas
É tamén moi importante o grupo de máis de vinte catequistas que ao longo do ano organizan as diversas actividades e participan cos nenos e os xoves na eucaristía dominical. Eles son os discípulos misioneiros que, aprendendo sempre do Mestre, axudan a medrar naa fe aos nosos fillos, de xeito que tamén eles poidan vivir o seu ser cristiáns con liberdade, respostando así á vocación que de Deus teñen recibido polo bautismo.
Grupo Bíblico
A Palabra de Deus é para nós palabra viva e eficaz, capaz de cambiar o corazón das persoas. Por iso canto máis a coñezamos mellor o coñeceremos a El. Este é o convencemento que nos axuda a profundizar na fe, a atopar respostas a moitas preguntas e, sobre todo, a vivir a nosa vida cristiá con maior autenticidade. Este grupo bíblico é bastante numeroso e está aberto a todos aqueles interesados que queiran participar.